Skip to content

Latest commit

 

History

History
80 lines (48 loc) · 7.08 KB

README.md

File metadata and controls

80 lines (48 loc) · 7.08 KB

CineMazarelos 🍿

Web do ciclo de cine da Facultade de Filosofía USC

Qué editar? 📝

Para editar o proxecto necesitas unha conta de github. Este é un software de control de versións que contén todo o código da web.

  1. Crear unha nova conta (guía)
  2. Solicitar acceso a @eerii ou @LopezGolan indicando o teu nombre de usuario ou correo electrónico
  3. Recibirás unha notificación por correo cunha invitación, preme no botón de aceptar

Unha vez sexas colaboradore podes facer cambios no repositorio.

Explicación de Git

Seguro que estás familiarizade cando fas un traballo en gardar o documento múltiples veces (TraballoV1.docx, TraballoV2.docx, TraballoFinal.docx, TraballoAgoraSi.docx, TraballoFINAL!!!.docx...) para non perder o progreso. Git fai o mesmo, pero algo máis ordeado.

O repositorio do proxecto non é mais cun cartafol compartido. Cada vez que fagas un cambio de un ou máis arquivos que sexa significativo faráse un commit para gardalo. Isto é unha versión separada, poidendo ver todo o historial de cambios aquí. Este commit ten unha mensaxe que describe os cambios e un autor asociado (ti).

Vamos a poñer un exemplo. Imaxina que engado os posters para tres novas películas, e quero contribuír estes cambios ó proxecto. Farei un commit ó que lle podo chamar "assets: engadir posters 🎨". Agora aparecerá na lista de cambios para todo o mundo. Ademáis, nese momento comezará un proceso que recreará a páxina web e fara unha nova versión automáticamente (aínda que pode tardar uns minutos).

Hai dúas maneiras de traballar no repositorio. Unha de elas é facelo localmente, descargando o repositorio co botón verde "<> Code", e editalo no teu ordenador, por exemplo con VS Code. Se non queres instalar nada temos acceso a un editor web nesta ligazón. Vamos a ver como utilizalo.

Editor

Na barra lateral temos varias opcións. A primeira é o explorador de arquivos, aquí temos tódalas carpetas e arquivos do proxecto. Podemos facer click en calqueira para abrilo. Tamén podemos arrastrar arquivos aquí para subilos, por exemplo, novas imaxes.

Xestor de cambios

O outro apartado importante é o terceiro, o que parece unha árbore. Este é o panel no que traballaremos con git. Cando cambiemos todo o que queiramos, veremos unha lista de arquivos modificados. Revisamos que estén ben, escribimos unha mensaxe curta describindo o que fixemos, e facemos click no botón verde "Commit and Push". Listo! Xa están os cambios gardados no repositorio.

Un último detalle é cómo redactar as mensaxes. Hai que intentar que sexan no formato "tipo: descripción", con tipo sendo "assets" se só engadides contido (por exemplo, imaxes), "feat" se engadides código e "refactor" ou chore para tarefas de limpeza. Se queredes tamén podedes engadir un emoticono ó final da descripción! Este apartado non é obligatorio, eu periódicamente limparei as mensaxes para que queden todas ordeadas, pero así aforramos traballo e é máis fácil ver o que está a pasar.

Xa sabemos cómo entrar no repositorio, agora vexamos os cambios que podemos facer.

Nivel 1: Engadir novas películas

Para almacear a táboa de películas estamos utilizando unha base de datos. É algo moi parecido a un excel, pero está feito para que o ordenador que executa a páxina web o poida entender mellor. A base de datos é PostgreSQL e está aloxada en supabase.

  1. Necesitarás solicitar acceso a @eerii ou @LopezGolan indicando o teu correo electrónico (neste caso non hai que crear unha conta antes)
  2. Segue as instruccións no teu correo para rexistrarte
  3. Verifica que tes acceso ó proxecto cinemazarelos

Unha vez esté todo listo podemos modificar a táboa de películas.

Editor de tablas

  1. Facemos click no editor de tablas na barra lateral
  2. Insertamos unha nova fila usando o botón verde Insert e seleccionando Insert row
  3. Enchemos a información tendo en conta
    • A maioría dos campos son autoexplicativos
    • Os campos presentado_por e cartel_por teñen que ter o formato: ["Nome Apelidos","Nome Apelidos"]
    • Para os posters:
      1. Convertir a imaxe a webp (enlace) e renomeala co número da sesión e o título en minúsculas e separado por barras (por exemplo, 02_irma_vep.webp)
      2. Engadir a imaxe á carpeta assets/posters/[CURSO] usando o editor web e facer un commit. Se vas a engadir varios é mellor facer un só commit con todos. Verificar que está ben engadida
      3. Copiar o nome de arquivo sen a extensión (por exemplo 02_irma_vep) e pegalo na columna poster

Importante: Non se verán os cambios ata que a páxina se actualice. Podes comprobar o estado neste enlace. Este proceso soe tardar sobre 2 minutos.

Nivel 2: Crear ou editar unha nova páxina estática

O seguinte paso é crear unha nova páxina ou artículo do blog, ou modificar unha existente. Dentro de templates está todo o código html da web. Aínda que non é exactamente html tradicional, pois ten soporte para plantillas, podedes seguir estes exemplos para non perderse:

  • Editar templates/componentes/novidades.html para cambiar o que se ve na columna dereita da páxina de inicio. Agora mesmo está o anuncio do fanzine.
  • Copiar templates/paxinas/sobre_nos.html para facer unha nova páxina con texto e imaxes. Editar só entre as liñas marcadas por {% block content %} e {% endblock %}. Nota: tamén hai que modificar src/routes/paxinas.rs, mellor avisar a @eerii se non sabes o que fas.

Os artículos do blog non utilizan html, usan markdown, unha linguaxe moito máis sencilla para facer texto formateado. É o mesmo no que está escrito este documento, podes velo en README.md. Nesta ligazón tedes unha guía rápida de como utilizalo. Para crear ou editar un artículo do blog abre a carpeta assets/blog e mira os arquivos que ten. Nota: Esta funcionalidade aínda está en probas.

Nivel 3: Crear unha nova api ou páxina dinámica

TODO: Explicar backend

Extra

Podes comprobar se hai problemas ca web aquí: Uptime Robot status.